InicioCULTURADez finalistas participarán na Coruña no concurso internacional de música xerada con...

Dez finalistas participarán na Coruña no concurso internacional de música xerada con Intelixencia Artificial

Publicada o

Por europapress

Un total de dez propostas participarán na Coruña o 4 de novembro na final da ‘AI Song Contest 2023’, un programa de televisión en directo “ao máis puro estilo Eurovisión” no que estarán representados “os diversos e creativos camiños da Intelixencia Artificial (IA)”. Así o manifestou o produtor executivo desta edición, responsable da delegación galega no festival e coordinador do Equipo PAMP!, Joel Cava, na presentación deste evento, celebrada este venres na sede de Afundación na Coruña.

De entre máis dun centenar de candidaturas de máis de 20 países, segundo explicou, “de diferentes estilos, sonoridades e modos de co-creación entre artistas e algoritmos”, o xurado realizou unha preselección de 35 delasO día 15 deste mes, engadiu, “vanse a revelar o nove cancións finalistas” que se sumarán á candidatura galega “xa directamente clasificada para a final”.

Ese día 15, abrirase a votación ao público internacional a través da páxina web oficial do festival, que poderán elixir a súa canción favorita ata o 30 de outubro. Respecto da elección da peza representante de Galicia, PAMP! ft Ana Kiro e ‘Florespiña’, Cava recalcou que ten como obxectivo “recuperar o legado” da artista e “inmortalizar a súa voz coa axuda da Intelixencia Articial”.

PROGRAMACIÓN

A ‘Gran Gala’ celebrarase o 4 de novembro en Studio Follow, no polígono de Agrela, sinalou o produtor executivo, onde se presentarán os dez finalistas e combinará actuacións en directo, conexións remoto cos equipos de participantes e o anuncio do vencedor “ao máis puro estilo Eurovisión”. Ese mesmo día, con anterioridade, terá lugar tamén a ‘AI & Creation Day’ na Cidade das TIC, unha conferencia que incluirá charlas maxistrais e mesas redondas.

ÚLTIMAS

Un estudo da UDC apela ao papel das novas tecnoloxías para garantir “transparencia” en catástrofes marítimas

Responsables do terceiro volume do Anuario de Estudos Marítimos, que edita o Instituto Universitario...

Milleiros de persoas maniféstanse na Coruña en demanda de “mellores salarios” e “traballo digno”

Miles de persoas saíron ás rúas en distintas localidades galegas nas manifestacións convocadas polas organizacións...

Aprobada unha moción no Concello da Coruña para revisar o convenio de 2004 sobre o futuro dos peiraos

O pleno da Coruña aprobou este xoves, por unanimidade, unha moción para a revisión...

Decretan emerxencia sanitaria en Cambre para contratar de forma urxente a limpeza en colexios

A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, acaba de asinar un decreto co que...